Un dente infantil é o resto humano máis antigo do país

A peza de máis de 17.000 anos apareceu na cova de Valdavara en Becerreá

12/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Dente de 17.000 anos atopado en Valdavara

A cova de Valdavara, en Becerreá agochaba o resto humano máis antigo que se coñece en Galicia. Os investigadores do proxecto mixto da Universidade de Santiago e o Instituto Universitario da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona (IPHES) atoparon neste lugar un dente de leite correspondente a un individuo duns dez anos de idade e que data do Paleolítico, hai máis de 17.000 anos. A peza, moi gasta apareceu durante as prospeccións realizadas no depósito desta coba o pasado ano, aínda que o achado non se fixo público ata onte.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

01/07/2013

Unha cápsula do tempo

De refuxio no Paleolítico a cemiterio na Idade do Bronce, a cova de Valdavara permite percorrer a Prehistoria galega

Universos

Claves