Unha xornada pecha esta semana o congreso sobre Rosalía

Terá lugar o xoves 27 e centrase nas novas ferramentas analíticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Este xoves 27 terá lugar a última das xornadas organizadas no marco do Congreso Internacional Rosalía de Castro. A cita presencial pretende amosar a eficacia das novas ferramentas analíticas para propor unha interpretación global da figura e da obra rosaliana, co fin de integrar con coherencia dimensións ata o de agora silenciadas ou infravaloradas. Baixo a coordinación de Helena González e Dolores Vilavedra esta xornada contará coa presenza de, entre outros, Xosé M. Núñez Seixas, Afonso Vázquez-Monxardín ou María López Sández.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A parte e o todo

A parte e o todo

Estudosos reúnense para promover unha edición global da obra rosaliana

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, María López Sández, Dolores Vilavedra, Helena González...