Os cines de Ourense están á venda

O grupo que os xestiona, Ábaco-Cinebox, presentou a liquidación nun xulgado valenciano

21/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son os únicos cines que existen en Ourense, sitos no centro comercial Ponte Vella, e están á venda. A compañía que os xestionaba, Ábaco-Cinebox entrou en liquidación ao non poder facer fronte á súa débeda, á que chega logo de saír dun concurso de acreedores no ano 2011. A solución pasa por diferentes vías como xa utilizou noutros recintos que xestionaba a empresa. En Naron traspasou o negocio a outra maiorista, Odeón, mentres que en Pontevedra os cines pecharon. Neste caso propuxéronlle ao centro comercial no que se situaba (a empresa pública Adif) a cesión dos seus espazos a cambio da débeda pero non chegaron a un acordo. De momento, en Ourense os cines permanecen abertos na procura dunha solución que pode chegar en vía de traspaso a un novo propietario.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Pontevedra

Claves