É a fin dun ciclo. Os cines Valle Inclán de Santiago, os únicos que quedaban no centro da cidade, pechan a súa actividade. Farano o vindeiro 30 de xuño poñendo fin a trinta anos de proxeccións. Arrincaron en maio de 1983 cunha sesión de curtametraxes galegas froito do patrocinio de VÃctor Ruppen logo da que continuou cun perfil de traballo estritamente comercial pero con cabida para o cinema de autor e independente. Naceu da man de Vicigasa que trasladou a Santiago un modelo de programación que desenvolvÃa o grupo Musidora e as salas Alphaville de Madrid. Pero a crise do sector e a competencia do centro comercial aberto recentemente fixeron inviable o proxecto e cesa a actividade. Con eles pecha un complexo de seis salas con 803 butacas e se reduce a oferta cinematográfica da capital galega.