Santiago gañará unha pantalla de cine coa apertura do novo centro comercial

Durante quince días a oferta cinematográfica so contará con seis pantallas

2/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Este domingo pecharán a sala de cine de Área Central que Cinesa mantiña desde hai 19 anos en Santiago de Compostela. O motivo é que a exhibidora se traslada ao novo centro comercial que abrirá as súas portas o vindeiro día 15 de novembro. Vaino facer con 8 pantallas, unha máis das que mantiña no antigo centro. Mentres tanto a oferta cinematográfica redúcese ás 6 pantallas que ten o Valle Inclán no centro da cidade. A oferta diminueu este ano coa perda do cine Compostela que pechou as súas portas tras varios anos ofrecendo cinema independente.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Valle Inclán, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos