Unha trintena de actividades compoñen a Mostra de Teatro Cómico de Cangas

A cita ten lugar do 28 de xuño ao 7 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
Unha trintena de actividades compoñen a Mostra de Teatro Cómico de Cangas

Desde hai 30 anos, Cangas ten uns dez días nos que se converte na capital do teatro e do humor. Este ano será concretamente do 28 de xuño ao 7 de xullo e celebra, nun contexto de crise, o seu trinta aniversario cunha trintena de actividades espalladas en varios espazos. O auditorio municipal, o Salasón, a rúa servirán de acubillo de espectáculosp ara todos os públicos. Este ano cobran gran protagonismo as micropezas de teatro que teñen unha sección propia. Obradoiros e actividades paralelas en colaboración con outros colectivos, seguindo a tónica habitual doutros anos, fan parte da programación. As entradas (desde 6 euros) e os abonos (40 euros) xa están á venda.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cangas, Humor

Claves

Conceptos
Lugares