O músico noiés Rodrigo Romanà será o primeiro presidente do Consello Territorial da SGAE, un órgano de nova creación -antes existÃa outro que acollÃa a todo o noroeste do Estado- que ten como finalidade "impulsar a democratización e participación do colectivo de autores e editores na xestión da entidade" e representar institucionalmente á entidade. Vicente Montoto tamén foi escollido na xornada de onte como representante dos autores dramáticos neste consello, co cal queda pechada a constitución deste Consello Territorial.