Preséntase ao público o colectivo Plastic Crowds cunha revista sobre a arte contemporánea

A presentación terá lugar o venres 14 na Galería Combustión Espontánea

Naceron en novembro de 2012 co obxectivo de agrupar a un conxunto de artistas de entre 23 e 27 anos que comparten un concepto global do que é a arte contemporánea. “Caeron os límites dos xéneros, agora a arte é un todo” explica Manuel Martínez, un dos integrantes de deste colectivo que se chama Plastic Crowds. Agora, despois de varios meses perfilando o seu traballo danse a coñecer coa presentación dunha revista homónima que funciona a modo “de discurso, de exposición e de comisariado do que queremos facer”. Este primeiro número chámase “Burbullas culturais” e fala crítica á política institucional. 22 colaboradores, mil exemplares (600 en edición castelán/inglés e 400 galego/francés) para unha revista que se porá á venda en museos, centros de arte e na rede. A presentación, este venres, na galería Combustión Espontánea.

Ligazóns