Seleccionados os artistas que farán parte do Estudo Aberto do proxecto Enredarte

Converterán a Sala de Exposicións da Deputación de Lugo nun espazo aberto ao público

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Enredarte é unha proposta coa que a Deputación de Lugo que tocar varias pólas da arte contemporánea: residencias artísticas en espazos da súa rede museística, por en valor os fondos destes centros e, ao mesmo tempo, xuntar a creadores consagrados canda novos valores. Esta semana, o comité de selección púxolle nome e acara ás persoas que farán parte do Estudo Aberto dese proxecto, encamioñado a converter a Sala de Exposicións da Deputación de Lugo nun obradoiro dun artista que o público pode visitar. Os seleccionados para a residencia de xullo son Reme Remedios, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro, Gema López, Elena Gaztelumendi e Lomarti; mentres que para os de agosto están Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herran, Senén Olano, Ruth Montiel Arias. Como suplente queda designada Isabel Alonso.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Exposicións, Obradoiro

Claves

Conceptos
Lugares