A Deputación de Lugo investirá 880.000 euros en rehabilitar edificios singulares

Os museos provinciais, o Pazo de Tor ou o Círculo das Artes serán algúns dos espazos beneficiados

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Fachada do Pazo de Tor

Fachada do Pazo de Tor

Os centros da Rede Museística Provincial, a cadea de Sarria, a sala de exposicións de Porta Miñá, a escola habanera de San Miguel de Reinante e o Círculo das Artes de Lugo sufrirán en breve obras de rehabilitación. A área de Cultura da Deputación destinou a mellorar o estado destes espazos un total 880.000 euros, fondos procedentes dos remanentes do orzamento da Deputación de Lugo. No Museo de Lugo as obras pretenden consolidar o claustro, no de San Cibrán a actuación ampliará o espazo do centro, e no Pazo de Tor acondicionaranse os alpendres para que acollan fondos da biblioteca, mentres na Cadea de Sarria e na escola de San Miguel adaptaranse os edificios para funcións culturais.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Sarria, Museos, Exposicións...