Lugo estrea un programa para promover novos artistas nos seus museos

Enredarte desenvólverase no segundo semestre do ano

30/4/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
2 lecturas | Compartido 0 veces

Creación, difusión, posta en valor de novos artistas e de espazos culturais singulares. Estes son todos os ingredientes de Enredarte, o proxecto de creación artística que promove a Deputación de Lugo nos seus espazos no segundo semestre. Son cinco iniciativas pensadas específicamente para cada espazo e que dará pé a que novos creadores realicen e exhiban obra.
Catro son os espazos que ten a rede de museos de Deputación lucense, e catro son os proxectos que se desenvolverán en cada espazo. Diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor. Pero Enredarte inclúe unha quinta actividade Saudarte, que se desenvolverá e todos os centros da rede, que será unha ocupación temporal do edificio do Hospital San Xosé tomando como base o exitoso proxecto EntoleArte que enchera o antigo psiquiátrico de Castro de propostas artísticas dun centenar de artistas.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares