A Puerta Fría vence no I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago

O S8 da Coruña bate marcas de asistencia con 8.000 persoas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de "A porta fría"

Fotograma de "A porta fría"

Iolanda Vázquez e Manuel Manquiña conduciron a gala de clausura do I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago. Un encontro que pretendía servir de referente do audiovisual feito no Estado e que abriu o seu palmarés concedendo o seu premio grande (10.000 euros) a A Porta Fría dirixida por Xavi Puebla e protagonizada por Antonio Dechent e María Valverde. De feito, a actriz protagonista foi tamén galardoada por polo seu papel na película. O premio a mellor actor foi para Dario Grandineti, polo seu papel en Inevitable , do director galego Jorge Algora. Esta fin de semana, tamén concluíu a cuarta edición do Súper8, un festival que bateu marcas de asistencia e concentrou a 8.000 persoas entre as sesións e actividades programadas.

Do Cine Concerto Georges Méliès ata o programa de Ben Russell e Ben Rivers, pasando pola sesión da “Edición Especial Arxentina”, pasando polas xornadas de debate sobre o novo cinema galego. A renovadora proposta do Súper8 convenceu a 8.000 asistentes, batendo marcas de participación.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Camiño de Santiago, Manuel Manquiña, Jorge Algora...

Claves

Lugares