En marcha o Festival de Música Cidade de Lugo

Allariz, Celanova, Maceda e Xunqueira de Ambía acollerán o I Curso de Música Medieval

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
En marcha o Festival de Música Cidade de Lugo

O pasado 31 de maio iniciou a súa actividade o Festival de Música Cidade de Lugo-XLI Semana de Música do Corpus. Logo dos primeiros concertos, a actividade continúa hoxe cunha sesión de Sinfonías de peto Haydn e Mozart a cargo de La Tempestad e prolongarase ata o vindeiro 12 de xuño. Pola súa banda, a Fundación Vicente Risco presentaba onte en Ourense o I Curso de Música Medieval de Galicia, que se desenvolverá entre o 23 e o 29 de agosto e ten xa aberta a súa inscrición. O programa desenvólvese entre Allariz, Celanova, Maceda e Xunqueira de Ambía e inclúe actuacións musicais.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Allariz, Celanova, Xunqueira...