Moi poucas veces ocorre algo asÃ. A parroquia estradense de Sabucedo, famosa pola súa senlleira Rapa das Bestas, contratou a un equipo de arqueólogos para tentar aproximarse ás orixes lendarias da súa rapa e identificar nunhas ruÃnas dunha carballeira a mÃtica Casa das Vellas, un dos escenarios dun mito ubicado hai cincocentos anos.
“Foron os veciños de Sabucedo quen atoparon estas estruturas”, afirma Israel Picón, arqueólogo da empresa Citania e director da intervención, referÃndose ao espazo no que se artellou a intervención arqueolóxica que tiña como finalidade explorar un recinto moi desmantelado nunha carballeira e que podÃa coincidir con parte da lenda fundacional da Rapa das Bestas de Sabucedo.
O relato oral, transmitido de xeración en xeración, conta como no século XVI ou XVII, unha peste tremenda chegou ata a aldea de Sabucedo. Dúas vellas prometeron ao santo dous cabalos se a peste non as tocaba, pero complementaron o acto de fe coa fuxida ao monte, onde se refuxiaron nunha casa ata que a peste non pasaba pola aldea. Cando o andazo rematou, as vellas cumpriron a promesa e agasallaron con dúas égoas ao santo. O cura dixo que non as podÃa manter e ceibáronas no monte para que comesen dos pastos das alturas estradenses. E de aà vén a famosa grea do Santo.
“Os veciños querÃan saber se habÃa algunha realidade nesa lenda”, indica Israel Picón, “asà que viñeron a esta zona chamada A Cabana e foi cando atoparon esta estrutura, que logo nos amosaron. Nós entendimos que si, que era unha estrutura arqueolóxica”. Os arqueólogos fixeron un proxecto para documentar a estrutura e mesmo recuperar e reintegrar algunhas partes moi danadas. A excavación e limpeza documentou un muro duns 80 centÃmetros de ancho e unha medianeira máis estreita. “Nós entendemos que é unha estrutura doméstica”, sinala Picón, “aÃnda que, como xa lles dixen aos veciños antes de comezar, non podemos saber se esta é efectivamente a Casa das Vellas”. No equipo arqueolóxico tamén participaron canda Israel Picón, Xurxo Constenla, Óscar Barros e Eduardo Velázquez.
O rexistro arqueolóxico foi moi parco, xa que "a vivenda estaba moi alterada por diferentes causas e axentes", sinala Picón. Os arqueólogos só recuperaron dúas pezas cerámicas: un anaco de tégula e un fragmento de cerámica “posiblemente medieval” con decoración incisa. “Entendemos que esta estrutura é medieval ou moderna”, conclúe Israel Picón. Tras a identificación dos restos, a restauradora Begoña Albertos consolidou as estruturas.
AÃnda que non se poida asegurar que as dúas vellas de Sabucedo se refuxiaron aquà do andazo mortal, o novo escenario descuberto encaixa dentro da vizosa tradición etnográfica de Sabucedo. A cabana vaise sinalizar dentro do plan de acondicionamento da Rapa das Bestas.