Conferencias, portas abertas e mostras conmemoran o Día dos Arquivos

As celebracións prolónganse ata o vindeiro 7 de xuño por toda a comunidade

5/6/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces
Aínda que o Día Internacional dos Arquivos se celebra oficialmente o vindeiro 9 de agosto, as celebracións nos centros galegos deste tipo comezaron xa esta semana. Ata o vindeiro día 7 conferencias, xornadas de portas abertas e exposicións queren darlle a coñecer á sociedade a importancia destes espazos de documentación. Dentro desta programación, o principal evento que anuncia a Consellaría de Cultura é a inauguración o vindeiro día sete no Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura da mostra Patrimonio documentado: a protección e intervención nos bens culturais a través dos documentos dos arquivos. Setenta pezas amosan a influencia destes centros nos procesos de investigación e recuperación patrimonial do país ao longo de máis de 150 anos.
Canda a isto, tamén o Arquivo Provincial de Lugo amosará unha selección de documentos datados desde a Idade Media ata a actualidade, mentres en ourense o eixe da mostra será a documentación xerada por escribáns e notarios ao longo da historia. Na Coruña exporase material vencellado cos escritores galegos. En Pontevedra haberá un relatorio e un concerto, mentres as xornadas de portas abertas e as visitas guiadas se desenvolverán nos distintos centros dependentes da Consellaría de Cultura.

Universo culturagalega.gal

09/06/2014

Dosier: Arquivos

Actividades especiais conmemoran o Día Internacional dos Arquivos por todo o país