Agoraphobia leva o I Premio SonRías

Vortex levou o Sonradio e gravará unha maqueta coa Radio Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O grupo Agoraphobia, de Boiro, actuará no XII Festival SonRías Baixas logo de gañar o primeiro Premio Sonrías, dotado con 1.000 euros. Tamén se poderá ver neste evento o grupo Vortex, que se proclamou vencedor do premio Sonradio, que lle valerá gravar unha maqueta da man da Radio Galega. O xurado acordou tamén outorgarlle un accésit á banda máis votada polo público, os pontevedreses Qué desilusión!, que actuarán na Troula Benvida, sesión de apertura do festival, e levarán un premio de 300 euros. Os galardóns están convocados en colaboración polo festival e mais a CRTVG.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agoraphobia, Radio Galega, SonRías Baixas, CRTVG...