O festival SonRías Baixas deixou un impacto de 1,14 millóns de euros

A Agadic presentaba onte os datos sobre o retorno do evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A seguir a análise sobre o retorno económico dos diferentes festivais de música integrados na marca FEST Galicia, a Agadic presentaba onte os datos do último SonRías Baixas de Bueu. Mediante a metodoloxía de avaliación implementada pola Universidade de Santiago de Compostela, comprobouse que a décimo sexta edición do evento, que se celebrou entre o 2 e o 4 de agosto pasados, revertiu na comarca do Morrazo 1,14 millóns de euros. Cunha cifra de ocupación do 85%, pasaron polo festival 21.800 persoas, cun perfil de asistente que corresponde a unha muller nova, de 18 a 24 anos, galega e estudante, que acudiu ao evento en grupo. Os datos para a análise saíron de 1.261 enquisas e mais das cifras manexadas pola organización do evento.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SonRías Baixas de Bueu, Universidade de Santiago de Compostela, Fest Galicia, Morrazo...