A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, presentaba onte o estudo de avaliación do festival Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrou o pasado mes de xullo. Segundo a metodoloxÃa do Grupo de Investigación en EconomÃa da Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, o evento deixou un retorno económico de 490.000 euros en toda a súa zona de influencia, e tivo 3.500 visitas por parte dunhas 1.600 persoas diferentes. Destas, un 21 por centro eran de fóra de Galicia, cun gasto medio por persoa e dÃa estimado en 77 euros. As cifras extráense de 815 enquisas directas a asistentes e mais das cifras facilitadas polo propio festival.