Dunha banda os contidos, da outra o soporte, no medio a difusión audiovisual. Neste momento agroman dous proxectos: Galiza Ano Cero e Adtlántida. Comparten a rede, a súa intención sen ánimo de lucro, o código aberto , as licenzas libres e unha visión ampla da comunidade como fornecedora de material. Entre as dúas achegan outro concepto de ver a televisión para ofrecer contidos e un sistema diferente. A televisión escrÃbese con A.
Son dous proxectos diferentes. Un enfócase na tecnoloxÃa e outro afonda sobre os contidos. Un constitúese en asociación e o outro son individuos que non toman ningunha forma xurÃdica. Pero os dous comparten a necesidade de ofrecer uns contidos audiovisuais diferentes, fondamente enraizados nun sentimento comunitario e aproveitando as vantaxes da rede. Os seus xestores precisan arredor de 6.500 euros para poñerse a andar e recorren aos cofinanciamentos (vÃa crowfunding en Verkami e Goteo) para conseguir eses cartos, aÃnda que como o voluntarismo e as ganas están nas bases deses proxectos, seguirán adiante con ou sen financiamento. Despois diso, cada quen ten a súa forma de organización, o seu proxecto e o seu ritmo. Para Adtlántida son “proxectos compatibles” e para Galiza Ano Cero “poden acabar confluindo no tempo”.
As formas de Adtlántida
Hai máis dun ano, Berio Molina e Beka Iglesias, xunto con outra xente, empresas e colectivos como Apumpum ou Alg-a, levan argallando un sistema que permita retransmitir os seus contidos a través da rede, cunha boa calidade e lonxe da molestia da publicidade. Manuel Cebral, de Galicia Imaxinaria e tamén vencellado esta iniciativa, asegura que “non hai unha entidade formal nin xurÃdica detrás porque é un interese máis difuso e informal non institucionalizado.
Berio Molina explica que no fondo “é un sistema de radiotelevisión libre que se concreta nun conxunto de aplicacións para móbiles e tabletas, mais unha páxina web na que se pode consultar material audiovisual e emitir televisión en directo”. Pero ten moi claro que Adtlántida non creará ningún contido senón que ofrece soporte para os usuarios.
A falta de 4 dÃas para que remate a compaña de cofinanciamento de crowfunding que abriron en Goteo, teñen conseguido o 88% do financiamento (5.775 euros dos 6.500 mÃnimos que fixaron como obxectivo). “O orzamento vai destinado a compra dunha máquina e do servidor que imos coller con Marsupi, unha xente de Cataluña que traballan con proxecto de GISS que supón o uso de emisións en directo con ferramentas libres), asà como o desenvolvemento de dúas aplicacións, o proxecto de comunicación e o deseño gráfico da interface”.
De conseguir o financiamento precisarán tres ou catro meses de desenvolvemento e en setembro contan poder sacar a versión Beta. Desde entón, e por perÃodo dun ano, só os usuarios rexistrados (que son os cofinanciadores) poderán subir os seus contidos. “Na versión beta queremos ter un contacto real coas necesidades da xente e, da outra banda, para garantir o servizo estaremos este tempo testando e probando”. Na súa opinión hai que ter en conta que “emitir en directo require moitos recursos da máquina e ata ver o ratio de uso da xente non podemos estar preparados para sair ao mundo”. Despois dese tempo, a súa intención é abrilo á comunidade e que sexan eles os que suban os contidos.
As dúas aplicacións nas que están a desenvolver permitirán unha emisión multistreaming e un espÃa. Berio pon un exemplo do primeiro, “imaxina un concerto no que cada usuario co seu móbil está a retransmitir o que ve, no web, o usuario verá toda as cámaras e poderá ir montandoa súa propia historia”. A outra aplicación, o espÃa, “servirá para emitir en directo a través do móbil só con pulsar un botón”.
De momento, co crowfunding en marcha, Adtlántida (que Ad do prefixo latino “cara a” Atlántida, a lendaria illa, sÃmbolo de avanzadas civilizacións, mergullada nalgún lugar do Atlántico) só querÃa comprobar, en palabras de Berio, que “hai alguén do outro lado”. E do outro lado tamén está Galiza Ano Cero que, como el mesmo recoñece “somos proxectos complementarios”.
Cos contidos do Ano Cero
“Hai cousas que nunca verÃas na televisión”. Asà de rotundo, claro e contundente está unha das promos de Galiza Ano Cero, un proxecto de televisión que senta as súa raÃces nuns seminarios homónimos desenvoltos na Coruña hai máis dun ano. “Aqueles coloquios organizados arredor das eleccións serviron para descubrir que habÃa xente inteesada nuns contidos diferentes. “Houbo xente que seguiu as retransmisións cun streaming de balde e hai que ter moito interese para pasar hora e media enganchada con esa calidade de emisión” asegura un voceiro deste proxecto.
Aquela proposta embrionaria foi medrando nun proxecto de repensar a televisión ao que houbo que darlle forma. E colleron a de asociación para xestionar un proxecto feito “nun código no que todo sexa aberto, desde a descarga dos contidos como a selección temática, unha organización horizontal dentro da comunidade” apunta ese voceiro.
A dÃa de hoxe o proxecto Galiza Ano Cero xestiónase con cinco grupos de traballo horizontais, que especializan as funcións de contidos, realización, comunicacións, xestión e produción. O seu horizonte é o de facer dous programas quincenais: un de debate e outro de entrevistas. O primeiro programa, que afonda no concepto da democracia emitirase na vindeira semana e servirá de carta de presentación desta nova forma de entender a televisión.
Ademais, nos próximos dÃas arrincará unha campaña de financiamento en Verkami co obxectivo de conseguir 6.000 euros. “Con eles pretendemos capitalizar un banco de tempo, que todas as tarefas están tipificadas e todas valen o mesmo, que nos servirá para producir os programas a un mes de programación” asegura este voceiro. No será un proxecto de comunicación profesional, senón de activismo o que implica que busca unha gran participación cidadá.
Galiza Ano Cero xorde agora, en palabras do seu voceiro, “da urxencia polÃtica”, da necesidade de “revisar a democracia neste contexto polÃtico actual e cunha canle de esquerda e nós como os cidadáns como promotores deses contidos e desa forma de narrar”.