Tordoia vai reconstruír o dolmen de Castenda

Conta cun orzamento de 9.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Canda o dolmen de Chousa Nova, en Silleda, a tumba megalítica de Castenda (Tordoia) foi a única que contiña un enxoval con ámbar en Galicia, pero iso non a salvou de sufrir unha destrución case total nos anos 50, cando o dolmen foi desmantelado. A gran laxe de cubrición foi parar como base dunha ponte sobre o río Chonia. A partir de prospeccións levadas a cabo nos 90 e hai tres anos, e cos 9.500 euros dunha subvención provincial, o concello de Tordoia quere reconstruír o monumento. Nestes momentos están á espera da decisión da Dirección Xeral de Patrimonio sobre a reubicación do monumento.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Os segredos dun dolmen intacto

Os segredos dun dolmen intacto

Unha excavación en Silleda revelou a disposición e o enxoval orixinal dunha antiquísima cámara megalítica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Silleda

Claves

Lugares