Cando aproximadamente hai 6350 anos unha distinguida personaxe foi enterrada nun túmulo no que hoxe é o contorno rural de Silleda, fÃxose de acordo cunha estrita codificación e protocolo simbólico. Mercé ás obras de construción do AVE entre Santiago e Ourense, un equipo arqueolóxico tivo a oportunidade de escavar na súa integridade o túmulo da Chousa Nova e levou unha enorme sorpresa: o dolmen interior daquela mámoa estaba intacto e non fora expoliado. Era a primeira vez que tal cousa pasaba no noroeste peninsular. E os achados estiveron á altura do momento. Entre outros, o segundo colar desa época descuberto in situ en Europa.
Aparentemente, pouco se podÃa agardar do pequeno túmulo da Chousa Nova, en Silleda. Cunha estrada asfaltada cruzando por riba de parte do túmulo, un poste de cableado eléctrico ao carón, un cono de violación no centro da mámoa e traballos agrÃcolas e forestais pola outra banda, os arqueólogos sospeitaban que o sitio arqueolóxico estarÃa moi degradado. Pero as obras do AVE pasaban exactamente por riba do túmulo e era preciso escavalo.
“O que levamos foi unha gran sorpresa”, explica a arqueóloga MarÃa José Bóveda, responsable da escavación levada a cabo por Gabinete de ArqueoloxÃa e Xestión de Patrimonio para o ente público das obras do AVE. “O xacemento pouco tiña que ver co seu aspecto superficial”, sinalan nun artigo publicado na revista Trabajos de Prehistoria, “a masa tumular conservábase nun relativo bo estado e a arquitectura do monumento era dunha gran complexidade, con anel perimetral, evidencias de dous momentos de tumulación, cámara e estrutura de acceso”.
E non só iso. As análises de material orgánico a través de de C-14, o método habitual en arqueoloxÃa para determinar a antigüidade dun sitio arqueolóxico, revelaron a tremenda antigüidade do lugar. A construción do monumento realizarse ao redor do 4350 antes de Cristo. Iso significaba que aquela estrutura era anterior, case en mil anos, aos grandes dólmenes de Galicia: monumentos moi coñecidos coma o dolmen de Dombate (en Cabana de Bergantiños) e o Forno dos Mouros (Toques).
Por riba, a cámara megalÃtica estaba aparentemente intacta.
Tres fases para un sitio arqueolóxico
E iso non era unha cousa menor. A principios do século XVII, un crego chamado Vázquez de Orxás obtivera licenza de El-Rei para escavar as tumbas dos “gentiles galicrecos”, que era como de aquela chamaban ás mámoas e dólmenes. Os traballos de Orxás desataran unha auténtica “febre do ouro” en Galicia que levou á violación da maior parte dos miles de túmulos megalÃticos do paÃs ata datas relativamente recentes. Iso fixo que a inmensa maiorÃa das escavacións de túmulos megalÃticos en Galicia se fagan sobre xacementos previamente violados e, xa que logo alterados.
Bóveda e o seu equipo identificaron alomenos tres momentos no espazo no que estaban a traballar. “Un primeiro momento corresponde a unha serie de gabias que están por debaixo do túmulo, pero descoñecemos a súa función”, sinala a arqueóloga, “e pensamos que dese momento tamén é a gabia circular que delimita o conxunto”. A gavia perimetral está a uns 8 metros da base do monumento e cÃngueo na súa totalidade, e parécese tamén a outros como o da excavación de Dombate ou os que se atopan nos monumentos megalÃticos británicos. “Nos últimos anos están aparecendo”, explica Bóveda, “porque se están ampliando as zonas de traballo arqueolóxico ao redor dos monumentos”. AÃnda que invisibles para o ollo actual, as escavacións arquelóxicas comezan a achegarse máis ás paisaxes que vÃan os homes da Prehistoria ao redor dos seus monumentos: os túmulos claramente separados do seu contorno a través de foxos escavados na terra.
Abrindo a cámara
Chousa Nova revelou tamén outros aspectos fascinantes pero que non son doados de explicar. Cando o equipo arqueolóxico comezou a escavar o interior do túmulo, retirando a coiraza de pedras que o protexÃa, ficaron impactados pola diversidade cromática do que habÃa no interior da mámoa. “Era unha pasada”, explica Bóveda, aÃnda entusiasmada, “habÃa terras de diferentes cores”. Pero a sorpresa veu despois, ao decatarse de que esas terras foran dispostas “prolongando artificialmente o sustrato natural” que estaba por abaixo. Era como se os construtores quixeran continuar a propia constitución natural da terra na súa obra. O propio túmulo sufrÃu dúas fases de construción, aÃnda que non é doado calcular os motivos. A primeira corresponde á fase de edificación do monumento. Nunha segunda fase, ampliaron o seu perÃmetro e taparon a tapa, que orixinalmente fora deixada á vista.
Estas curiosas intencionalidades seguÃronse observando cando o equipo acadou a cámara megalÃtica: un espazo construido con cinco lousas granÃticas que lle daban “un aspecto cistoide”. A tapa da cámara estaba crebada en tres anacos –un aÃnda na posición orixinal- e os outros dous derrubados cara o interior da cámara. O problema é que dúas desas laxes da cámara eran de peor calidade que o resto, unha era a cabeceira da tumba e outra estaba ao carón. Tiñan unha elevada cantidade de mica, e brillaban moito. “Foron escollidas en lugar do granito de mellor calidade do resto dos ortostatos por iso”. Os arqueólogos pensan que a peor calidade destas dúas laxes puido provocar o colapso da cámara.
O enxoval
Pero o fascinante chegou cando Bóveda e o equipo retiraron as lousas da cámara e puideron traballar no interior do monumento, onde a terra, aÃnda solta, revelaba que era a terra orixinal. Alà comezaron a aparecer os obxectos do enxoval da persoa difunta que fora soterrada alà habÃa máis de seis mil anos. O máis impresionante foi un colar, nunha posición que parecÃa “disporse claramente sobre un peito humano”. O colar, o segundo cunha cronoloxÃa do V milenio a.C. localizado in situ en Europa, estaba feito ademáis dun xeito moi especial: con contas de ámbar “moi degradado” e variscita. O sorprendente é que ningún dos dous materiais se pode obter, polo que se sabe hoxendÃa, no territorio da Galicia actual. O ámbar procede de algún punto da PenÃnsula Ibérica e a veta de variscita máis próxima á Galicia actual localizada ata o momento está en Zamora. “Está revelando relacións de intercambio”, sinala MarÃa José Bóveda.
O resto do enxoval incide na idea de que son obxectos de prestixio os que acompañan á persoaxe soterrada alÃ. Por riba da súa cabeza atópase unha eixada e moi próxima á súa man tiña un cincel. Baixo os pés do morto estaba un gastado afiador. Pero tanto eixada como cincel estaban sen uso e transmiten unha lección sobre como cambian os conceptos de luxo a través das épocas: o luxo era o non uso dun instrumento.
A relevancia dos achados provocou cambios na construción do trazado do AVE que xa tiña planificado ADIF, o ente público de infraestruturas ferroviarias. AÃnda que o trazado da vÃa non cambiou, deseñouse un falso túnel e o túmulo e a cámara de Chousa Nova foron recuperadas e dispostas de novo, no seu emprazamento orixinal, sobre o teito do túnel. A través dun custoso proceso, a tapa orixinal tamén foi reconstruÃda; o dolmen dispúxose e montouse como fora planificado por unha comunidade neolÃtica hai seis mil anos.
Cando os viaxeiros do AVE cruzan agora destino Ourense, pasan por baixo, á velocidade do raio, dun dos escenarios máis completos para comprender o ritual da norte na Galicia prehistórica.
Descarga o infográfico sobre o dolmen de Chousa Nova.Aparentemente, pouco se podÃa agardar do pequeno túmulo da Chousa Nova, en Silleda. Cunha estrada asfaltada cruzando por riba de parte do túmulo, un poste de cableado eléctrico ao carón, un cono de violación no centro da mámoa e traballos agrÃcolas e forestais pola outra banda, os arqueólogos sospeitaban que o sitio arqueolóxico estarÃa moi degradado. Pero as obras do AVE pasaban exactamente por riba do túmulo e era preciso escavalo.