Os Regueifeiros de Bergantiños levan o IV Premio Rosalía de Castro

A Deputación da Coruña recoñece así o seu traballo de difusión da lingua e da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O IV Premio Rosalía de Castro que convoca a Deputación da Coruña foi para Os Regueifeiros de Bergantiños. O xurado do galardón recoñeceu así con 4.500 euros o traballo de difusión que este grupo realiza “pola súa contribución á supervivencia dunha tradición cultural e lingüística milenaria”. Antonio de Xornes, Guillerme da Rabadeira, Suso de Xornes e Fermén de Feiranova son os catro regueifeiros recoñecidos co galardón, e a súa candidatura foi presentada pola Asociación O.R.A.L de Galicia. Os galardoados recibirán 4.500 euros de premio e unha figura conmemorativa.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Bergantiños, Deputación da Coruña, Suso de Xornes