Melania Cruz (Lugo, 1983) rematou pedagoxÃa e de aà decidiu dar o salto á daquela acaba de crear Escola Superior de Arte Dramatica. Agora mesmo podemos vela nas táboa con O home almofada, unha proposta da compañÃa de nova creación Il Maquinario Teatro que recupera un texto do dramaturgo irlandés Martin McDonagh que está de xira por toda Galicia.
Entre a súa experiencia profesional destaca levar a dirección de Teatro Muxicas, grupo no que previamente xa tiña traballado con Tito Asorey, ademais de en Teatro de Adro e Teatro Tarumba.
A situación actual da escena teatral non a fai moi optimista, pero entre os seus plans de futuro, ten “proxectado marchar a Madrid, onde agarda que saian á luz novos proxectos”. Mentres, por aquà está a desenvolver varios proxectos. “Estou rematando o Mestrado de Pedagoxia Teatral e iso fai que conflúan moitos intereses entre o meu traballo como mestra e actriz” puntualiza. Ata entón continúa formándose en TICs, unha escola de danza privada ourensá onde “estou levando un grupo de teatro de adultos, e para o ano que vén e posible que iniciemos outro infantil”.
Os seus referentes galegos pasan por Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico con Xulio Lago e outros nomes ben coñecidos como Belén Constenla, Pico e Quico Cadaval, co que traballou na aula universitaria de Lugo . A nivel estatal, Cruz destaca a compañÃa nacional de Teatro Clásico, o Teatro Lliure, e a nivel internacional, no ámbito da dramaturxia e a dirección, a McDonagh, Guillermo Calderón,Veronese, Tolcachir, Brook ou Ostermeier.