Unhas xornadas exhiben propostas alternativas á industria cultural actual

Organizadas polo colectivo Os elixidos terán lugar do 14 ao 16 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:
Unhas xornadas exhiben propostas alternativas á industria cultural actual

Son propostas actuais, algunha aínda en camiño, que evidencian que é posible unha alternativa á industria cultural establecida. Os proxectos que se presentan nas “I Xornadas sobre economía de guerra” que terán lugar do 14 ao 16 de maio na Escola de Imaxe e Son de Coruña abranguen todos os ámbitos. Exhibirán proxectos de produción innovadores, como a webserie Angélica e Roberta; no eido da difusión está a iniciativa nacente de Galiza Ano Cero, unha televisión alternativa; ou noutros eidos, como o do teatro dos que se comentarán as propostas de La Tuerka ou Manicómicos. Ademais, estas xornadas tamén haberá oco para obradoiros e unha pequena homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. A proposta está organizada polo colectivo cultural Os elixidos.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Guerra, Economía, Teatro...

Claves

Protagonistas