O 29 de abril é a data establecida pola Unesco para celebrar o DÃa da Danza. Unha efeméride á que se suma o Consello da Cultura Galega (CCG) coas xornadas “A danza a debate”, que terán lugar o vindeiro 5 e 6 de maio na sede da institución. A actividade, organizada pola Sección de Música e Artes Escénicas, ten aberto o prazo de inscrición. Eva Faraldo é a coordinadora destas xornadas que ofrecerán un estado da cuestión da situación actual da danza tanto no ámbito educativo como no profesional.
As xornadas buscan “perfilar cal é a situación da danza a partir das que se poderán facer posteriores análises” segundo explica a coordinadora Eva Faraldo. Estrutúranse en dous dÃas: no primeiro reflexionarase sobre a Danza Tradicional, propia da nosa riqueza cultural; mentres que no segundo dÃa abordarase a Danza Clásica e Contemporánea. En ambas sesións procurarase debuxar unha radiografÃa actual tanto desde o punto de vista do eido educativo, dos centros e dos currÃculos educativos do ensino regrado, como desde a práctica.