Unha homenaxe lembra a figura de Risco no cincuenta aniversario da súa morte

As actividades recuperan o legado do escritor e intelectual conservador

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un debate, unha misa, un acto, unha entrega dun opósculo informativo e un libro. Estas son as actividades coas que a Fundación Vicente Risco e outras entidades como a Agrupación de Libreiros de Ourense ou o xornal La Región conmemoran o 50 aniversario do pasamento do escritor e intelectual. A primeira das actividades foi o debate, que tivo lugar onte en Ourense, co legado do escritor e a importancia da súa obra como tema principal no que participaron xornalistas e estudosos como Serafín Alonso. Hoxe terá lugar unha misa e un acto no cemiterio no qeu está enterrado así como a entrega dun opúsculo informativo sobre a súa figura. O vindeiro domingo o xornal La Region distribuirá unha edición do Libro das horas que respecta a maquetación e paxinación da edición orixinal de 1962.

Ademais, esta versión inclúe inclúe 12 páxinas con dedicatorias e sinaturas que recibiu Risco en 1963 co gallo doutra homenaxe, máis o manuscrito do seu discurso de agradecemento.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Morte, Vicente Risco, Fundación Vicente Risco...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares