Mario Casas recibe a Biznaga de Ouro do Festival de Málaga

Aquel no era yo de Esteban Crespo fai doblete no certame Redondela en curto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O actor coruñés Mario Casas acaba de recibir o premio Biznaga de Ouro ao mellor actor do Festival de Málaga 2013. Un premio polo seu papel protagonista dun filme que recolle a novela homónima de Juan Eslava Galán que ofrece unha visión atípica da Guerra Civil española e que chegará as carteleiras en dez días, logo de varios anos de problemas entre distribuidor e produtores. A XVI edición do Festival de Málaga, destinado ao cine español, rematou co seu premio grande, a Biznaga de Ouro, para Gracia Querejeta. O filme de Isabel Coixet Ayer no termina nunca recibiu o premio especial do xurado.

Esta fin de semana concluía en Redondela unha nova edición do seu festival de curtametraxes. Unha cita na que o traballo de Esteban Crespo, Aquel no era yo, recibiu o premio do xurado e do público. En total 1.500 euros para un traballo que conta as memorias e sensacións dun soldado, que tenta volver á vida cotiá e ser o mesmo despois das súas experiencias vividas na guerra.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Málaga, Redondela, Cine...

Claves