Filmika Galaika presenta no CGAI os seus últimos traballos

Proxectarán dous doucmentais e unha curtametraxe de ficción

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É unha produtora coruñesa especializada en documental divulgativo, social e de corte histórico. Filmika Galaika estará presente no CGAI exhibindo mañá os seus últimos proxectos os documentais Somos Acó, Lume de Fachos e a curtametraxe de ficción Insula. Esta produtora, responsable doutros traballos como Vikingland dirixida por Xurxo Chirro, está integrada por profesionais do campo da comunicación que se reúnen para intentar revitalizar a produción audiovisual no país. Esta cita ten lugar o sábado 27 ás 18:00 horas.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Filmika Galaika, Documentais, Documental

Claves