Aplicar o criterio de ordenación que empregaba na casa a avoa Enrique Lista aos fondos da Fundación Seoane. Esta é a base de Seoanes posibles (after Teresa de Villar), a iniciativa que este creador, comisariado por Ánxela Caramés, amosa na Fundación Seoane da Coruña ata o vindeiro 16 de xuño. A mestura de criterios públicos e privados e o cuestionamento da catalogación museística tradicional atópanse amosando cadros organizados como fotografías dun álbum familiar ou obxectos gardados en faiados.
A iniciativa conta tamén cunha instalación de video e un album de cromos que convida ao visitante a organizar a súa propia exposición.


