Galicia prepara as celebracións do Día do Libro

Bookcrossings, actividades en bibliotecas e outras propostas conmemorarán o 23 de abril

22/4/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces
Na véspera do Día do Libro, están a se coñecer a múltiplas iniciativas que ocuparán a axenda de mañá, 23 de abril. Así, desde a Consellaría de Cultura animan a participar nun bookcrossing do que farán parte o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o CGAC, o Museo Etnolóxico de Ribadavia e mais o Museo de Belas Artes da Coruña, que libertarán libros dos seus fondos. Do mesmo xeito, o MARCO de Vigo libertará 40 catálogos dos seus fondos en distintos puntos da cidade.
Para alén dos museos, tamén as bibliotecas ultiman as actividades para esta data. Así, na Coruña, a Rede de Bibliotecas desenvolverán propostas como unha quedada lectoras, un photocall, exposicións e visitas guiadas. En Compostela tamén haberá obradoiros e sorteos, entre outras propostas.

Universo culturagalega.gal