Puntos de partida

O MARCO achega unha exposición colectiva que se adentra nos obradoiros dos artistas

22/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Imaxe de Tamara Feijoo. Foto: cortesía MARCO/Enrique Touriño

Un bosquexo é un proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra pero tamén unha imaxe mental, unha especie de idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Esa polisemia é a que lle dá xogo aos comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre para peneirar nos lugares de produción dos artistas coa intención de rescatar materiais que fan parte do esquelete último das obras de arte. Nun xogo de achegar novas lecturas e novos interrogantes sobre o seu significado. A exposición O bosquexo do mundo poderá verse ata o 15 de setembro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).

Marta Bran. Exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
1/6
Rosendo Cid. Exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
2/6
Rut Massó. Exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
3/6
Din Matamoro. Exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
4/6
Miguel Mosquera.Exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’
5/6
Desde dentro
6/6

Hai un pouco de todo. Artistas novísimos, creadores nacidos nos oitenta, na década anteriores unha vintena de creadores que traballan debuxo, gravado, pintura, colaxe……………..os máis variados ámbitos creativos. A escolma feita polos comisarios poderase ver na planta baixa do MARCO e permite unha visita ao taller do artista desde o propio museo, un dos destinos desas obras de arte.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

31/10/2011

Arte causal

Unha exposición reinterpreta o contexto actual da Sida

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, Debuxo

Claves

Conceptos
Lugares