Falece Henrique Otero, O Gaiteiro do Fragoso

Foi autor do primeiro método de gaita do país e de preto de dúascentas pezas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa do disco compilatorio do Gaiteiro de Fragoso

Capa do disco compilatorio do Gaiteiro de Fragoso

Henrique Otero Covelo, coñecido como O Gaiteiro do Fragoso, acaba de falecer, segundo publica hoxe a Asociación de Gaiteiros Galegos no seu web. Otero, nado en 1930 en Lavadores, Vigo, creou o primeiro método moderno de Galicia para gaita e supuxo unha figura de transición entre os gaiteiros tradicionais e os actuais. Ademais, foi autor de máis de dúascentas pezas musicais que se incorporaron ao repertorio de diferentes grupos do país e o seu traballo foi clave para que se oficializasen os estudos de gaita polo Ministerio de Educación. A súa obra foi recoñecida coa medalla Constantino Bellón. A capela ardente instalarase Tanatorio Vigo Memorial a partir de hoxe venres, ás 13 horas

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dúas gaitas de Bellón

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Educación, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ministerio de Educación