"O gaiteiro do Fragoso" ten xa setenta anos e moita gaita ás súas costas. Cincuenta e seis anos de profesión consolidaron o seu nome coma un dos principais mestres de gaita da segunda metade do século XX en Galicia. Nacido en 1930 no barrio de Lavadores de Vigo, acadou facer unha sÃntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Membro fundador do grupo "Os Cruceiros", de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta, converteuse a partir de 1971 en mestre gaita no Conservatorio de Vigo. Logo da recente concesión da medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira, publÃcase agora "Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso" (Boa Music , 2001). Un disco no que se recollen quince das súas composicións orixinais. Estes temas amosan a pericia técnica e a sensibilidade musical do mestre Otero, e van desde os ritmos tradicionais da muiñeira ata o máis estraño da polca, todos eles empregados con grande acerto e axustando o ritmo á intención. Cada tema preséntase cun texto do propio Henrique no que explica o como xurdiu cada peza. Na gravación atopamos colaboracións de luxo coma a de Beatriz Riobó no único tema con voz do álbum ou as de varios dos membros de Noitarenga.