Os XV Encontros para Normalización reclaman un compromiso amplo pola lingua

A xornada de hoxe céntrase no ensino e en propostas colaborativas e pode seguirse na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A "necesidade dun activo compromiso dos poderes públicos e a adhesión e a vontade da cidadanía nun amplo compromiso social e politico para unha acción eficaz e sostida en materia lingüística" foi, segundo recolle o web do Consello da Cultura, a principal conclusión da primeira xornada dos XV Encontros para Normalización. A iniciativa, que arrincou onte en Compostela, continúa hoxe con intervencións que abordarán a situación do galego na mocidade, diferentes inicitivas colaborativas a prol da lingua ou o traballo no campo do ensino. Os encontros pódense seguir ao vivo desde o web do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Lingua galega, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela