O reto consiste en facer unha curtametraxe en 48 horas. Desde o guión, a rodaxe ata a posprodución a partir dunha idea, unha liña de diálogo e un xénero. A hora de saída arrinca o venres hoxe ás 19:00 horas no Centro Ágora da Coruña. O proxecto chamase The 48 Hour Filme Project e ten un custe de 75 euros por equipo. Os mellores traballos participarán no evento anual do The 48 Hour Filme Project 2013 cos premios ás mellores curtametraxes do ano que terá lugar no Filmapalooza 2014. Ese certame permite ao gañador entrar na carreira para ser unha das 10 películas que se proxectarán na Sección de Curtametraxes do Festival de Cinema Cannes de 2014.