O Consorcio promove o audiovisual galego en San Sebastián cunha “Happy Hour”

Horas do cine

18/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Comeza en San Sebastián a súa cita anual co cine. O Festival de cine donostiarra é unha cita ineludible coa cinematografía e o Consorcio Audiovisual de Galicia prepara a súa presenza para promover o sector nun certame no que este ano non conta con ningunha produción galega. Entre as múltiples citas que ten na súa axenda os representantes do goberno galego está a na organización dunha “Happy Hour Galicia Terra de Cine”, a xuntanza do programa Raíces e a presentación dunha obra retrospectiva da obra do director francés Philippe Garrel na que participa o CGAI.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Consorcio Audiovisual de Galicia, CGAI, Goberno Galego