O Consorcio de Santiago restaurará San Francisco para o seu 800 aniversario

As obras estenderanse ao longo deste 2013 e custarán 117.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Convento de San Francisco é un dos máis destacados de Compostela. A súa construción está relacionada coa peregrinación que San Francisco fixo a Santiago hai oitocentos anos. Unha efeméride que, segundo publica hoxe La Voz de Galicia,o Consorcio quere celebrar en 2014. Para iso, este xornal explica que o o consorcio da cidade financiará unha serie de traballos no immoble durante os vindeiros meses. As obras consisten en limpeza para combatir humidades e vexetacións, a reordenación do xardín centradas na fachada e na capela da Orde terceira. O orzamento destas actuacións ronda os 117.000 euros.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, La Voz de Galicia, Santiago de Compostela