A Coruña celebra nas rúas o Día Internacional da Danza

Catro espectáculos e dous obradoiros poñerán o foco na importancia do movimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
A Coruña celebra nas rúas o Día Internacional da Danza

Cada 29 de abril, o mundo enteiro conmemora o nacemento de Jean Georges Noverre (1727-1810), o máis grande coreógrafo do seu tempo e o creador do ballet moderno. Co recoñecemento da UNESCO desa data como Día Internacional da Danza, diferentes entidades organizan actos para poñer en valor a importancia das artes do movimento. O concello da Coruña acaba de facer pública a programación para esa efeméride que terá lugar do 26 ao 29 de abril e que consiste en catro actuacións de danza e dous obradoiros. Entre as actividades de danza, que se desenvolven en diferentes escenarios, hai baile tradicional e contemporáneo, así como un traballo exprimental que reinterpretación da curtametraxe E as chamineas decidiron escapar do premiado director Oliver Laxe.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Oliver Laxe, Concello da Coruña, UNESCO

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares