A Universidade de Santiago acollerá dúas cápsulas do tempo dixitais

A iniciativa, promovida por Sentinel Wardrove, está aberta á colaboración cidadá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Universidade de Santiago acollerá dúas cápsulas do tempo dixitais

O vindeiro 30 de abril o xardín do Pazo de Fonseca, sede da Biblioteca Xeral da Universidade de Compostela, acollerá o soterrado das dúas cápsulas do tempo do proxecto Once Uns. A iniciativa, posta a andar polo colectivo Sentinel Wardrove, pretende deixar baixo terra ata o 26 de abril de 2047 (ano que se escribe como once veces un en notación binaria) dúas cápsulas do tempo. No interior das mesmas haberá un computador, software e mais soportes informáticos como lapis USB e tarxetas SD que poden achegar todos os interesados. A intención é que no momento no que se abran as cápsulas, unha das cales será infantil e se abrirá xa en 2016, se poida ler a información contida nestes soportes.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela

Claves