A Universidade de Santiago exhibe a danza universitaria nun encontro

A cita conclúe o xoves tras exhibicións de oito formacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

É a undécima edición dun encontro que busca dar a coñecer a danza universitaria á cidadanía de Compostela. Oito compañías (pertencentes a varios campus universitarios galegos máis unha portugesa) fan parte dun programa que incluíu tamén unha sesión de danza terapia e un programa de exhibición e pezas curtas (con intervencións que non exceden os cinco minutos). O XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea non se reduce a exhibición xa que pretende ser un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes.

As compañías que integran esta dición son: a TeatrUBI da Universidade da Beira Interior de Portugal; a Aula de Danza da Universidade de Barcelona; a Aula de Danza NORMAL da Universidade da Coruña; D-ou-tras, do Campus de Ourense da Universidade de Vigo; as compañías de danza de Lugo e Santiago; e a compañía independente da USC Zur 2 Danza-USC.

Esta actividade encádrase no marco de actividades que a universidade compostelá desenvolve no eido da danza. Alén de sete cursos desenvolvidos ao longo deste ano no vindeiro mes de xuño realizará un obradoiro de integración social a través da danza.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, USC, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo...