O traballo dos profesores

En plenas facultades amosa a creación dos docentes da facultade de Belas Artes

16/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Fragmento do cartel de En plenas facultades

Profesores que, ademais son artistas. A exposición En plenas facultades recupera o traballo creativo dos docentes de Belas Artes, en Pontevedra. Ángel Cerviño e Alberto González-Allegue son os comisarios que reivindican uns traballos realizados maiormente na propia cidade e que en ocasións resultan menos coñecidos do que creacións dos propios alumnos desta carreira. Xoán Anleo, María Luísa Fernández, Jesús Hernández, Yolanda Herranz ou Ana Soler son algúns dos quince creadores que se poden ver na mostra, aberta no sexto edificio do Museo de Pontevedra ata o vindeiro 28 de abril.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Pontevedra, Facultade de Belas Artes, Xoán Anleo...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares