A Cidade da Muralla acolle a nova edición de Lugomáxico

Vinte ilusionistas actuarán entre os días 5 e 11 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Cidade da Muralla acolle a nova edición de Lugomáxico

Co catalán Mag Lari e o arxentino René Lavand, xa presentes en anteriores edicións como cabezas de cartel, a Cidade da Muralla acollerá entre o 5 e o 11 de maio a décima edición de Lugomáxico a Semana Internacional de Maxia de Lugo . En total serán setenta actuacións a cargo de vinte ilusionistas en diferentes emprazamentos da cidade. Un teatro móvil na Praza Maior e mais un autobús máxico serán algúns dos escenarios do evento, que tamén chegará a escolas ou locais de hostelaría. Ademais, o Mago Antón amosará as súas habilidades en actuacións sorpresa na rúa.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Cidade da Muralla, Teatro, Escolas

Claves

Conceptos