O colectivo máxico Waldemar e o concello de Lugo traballan xuntos para levar á cidade das murallas seis dÃas cheos de misterios e de ilusión. Trátase dunha nova edición da Semana de Maxia que este ano presenta varias novidades. Aos espetáculos de rúa e ás galas máxicas, súmaselle un reparto de unidades didácticas sobre a maxia nos centros educativos lucenses. Ademais, todo aquel que pronuncie a palabra máxica “lirolai” terá dereito a que o ilusionista do momento lle faga un truco. Os magos Antón e Teto, asà como René Lavand, os franceses Pierre Edernac, Omar Pascha, Sálvano, Johny Hart e Hohn Calvert e asà ata un total de 38 figuras da maxia internacional estará en Lugo do 7 ao 12 de novembro.
Máis información no web do Concello de Lugo