Lugo acolle a Semana da Maxia mentres Cultura inicia a Semana da Literatura de Tradición Oral

Facer maxia e contala

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Nunha cita que se consolida, Lugo acolle estes días a IV Semana da Maxia, un encontro que contará coa presenza de 30 ilusionistas e que inclúe, ademais de abondosas actuacións, unha mostra de instrumental de magos. Para quen prefira contar historias de maxia no lugar de practicar o ilusionismo, a Consellaría de Cultura pon a andar a Semana da Literatura de Tradición Oral. Este evento celebrarase nas sete cidades do país e inclúe actuacións, debates e a presentación da revista "Voz ao vento", que distribuirá contidos da tradición oral e artigos de investigación. Dentro da semana incorpórase un certame de recollida de material deste tipo dirixido a centros de ensino.

Máis información no web do Concello de Lugo e no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Literatura, Concello de Lugo, Ensino

Claves

Entidades
Lugares