A filosofía do Do it yourself (DIY), o facer por conta propia, semella estar a se asentar na cultura do noso país. Estamos nuns tempos no que as subvencións escasean ou directamente desapareceron, non se poden abordar proxectos e os principais axentes da programación cultural do país están ausentes. Neste sombrío panorama, cada vez máis son as iniciativas que, partindo da base social e apostando polo traballo en rede ou polo coñecemento aberto, dinamizan o noso panorama nos máis diversos ámbito.
Microsalas de arte e de teatro. Editoras independentes. Plataformas de creación ou de intercambio de coñecemento. Medios de comunicación nados dos seus propios traballadores. Voluntariados para coidar do noso patrimonio histórico e natural. Mercadiños de arte e cultura. Empresas que ofertan novos servizos, se artellan de novas formas e abordan novos campos de acción. Discos e proxectos financiados mediante pequenas achegas. Todos estes elementos están a xurdir de xeito acelerado nos últimos anos no seo da cultura galega. Xeitos diferentes de se organizar, de crear e de difundir.
Cousas que mudan
Distintos axentes culturais do noso país recoñecen que algo está a acontecer, aínda que non hai acordo sobre as causas específicas das mudanzas no xeito de traballar. Así, Julio Gómez, presidente da Asociación de Profesionais da Xestión Cultural, sinala que están aparecer de xeito claro unha serie de novas prácticas no campo da cultura, vese claramente en cidades como A Coruña, Vigo ou Compostela. Desde a plataforma Baleiro.org Víctor E. Pérez apunta que é evidente que están comezando a agromar unha serie de iniciativas que no tiñan moita visibilidade. Desde o colectivo de profesionais en xestión e servizos culturais Nócomún, Moisés Álvarez apunta que hoxe hai máis proxectos independentes ou dalgún xeito autosuficientes do que noutros tempos. Desde Disquecool, un dos medios que máis trata sobre o fenómeno DIY e as tendencias galegas e internacionais, Raquel Campos sinala que moitas cousas están confluíndo e en Galicia as modificacións no xeito en que se produce a cultura están a facer que aparezan moitas cousas novas e distintas que antes non poderían ter existido. A pesar do contexto no que estamos, é un momento emocionante porque están a xurdir cousas innovadoras, diferentes, que escapan do que se viña facendo. O DIY da industria cultural, por así dicilo, permite que moitas voces que non terían chegado ao mercado por diferentes motivos aparezan.
Propostas privadas
Malia á diversidade de propostas, quizais se poden detectar unha serie de características comúns a moitas das iniciativas anovadoras que se están a ver na nosa cultura. En grande medida falamos de propostas que xorden do sector privado, xa sexa na forma de empresas, cooperativas ou asociacións, e que contan con escaso ou nulo apoio institucional. Esta oferta xorde case sempre de persoas individuais. Agás o Encontro Internacional Economía e Cultura que se celebrou na Cidade da Cultura case ningunha institución galega difundiu esta prácticas, lembra Gómez, desde os xestores culturais. A situación que pode explicarse en boa medida pola retirada do apoio da administración e de institucións como as caixas á cultura. A restrición nos apoios públicos á cultura pode ter influído, para Moisés Álvarez, no desenvolvemento dos xeitos de traballar actuais. Que haxa mais ou menos apoios inflúe o xeito no que se xera a cultura, mais do que se algo se fai ou non. As cousas fanse haxa ou non soporte económico, pero o xeito de as desenvolver si ten que ver coas políticas culturais do momento.
Pequenas e en rede
En relación a esta ausencia de fondos, moitas das novas propostas adoitan ser modestas en canto a tamaño, e polo mesmo o traballo en rede, a colaboración e o intercambio aparecen a miúdo como xeitos de actuación. A organización en rede é importante neste momento e a versatilidade amósase como algo fundamental para se adaptar a contornos e contextos moi variables, advirte Álvarez. Non é algo novo, pero resulta obvio que as estruturas que requiran unha base moi grande para subsistir téñeno máis complicado. Gómez, pola súa banda, apunta que están a se desenvolver foros, espazos de intercambio de traballos e de opinión que dan en novos xeitos de pensar os itinerarios culturais. Tamén propostas como as Pechakuchas, que se está a pór de moda e está xa estendido por toda Galicia. En xeral, apunta, hai unha comunicación en rede por parte de persoas que xestionamos culturalmente algúns proxectos e que hai catro ou cinco anos era inviable. O streaming permite seguir conferencias ao vivo cun efecto moi inmediato, e podes coñecer o que se fai noutros lugares do mundo e ver se é posible facelo aquí tamén.
Coñecemento aberto
A partilla de coñecemento ou o emprego de estándares e licenzas abertas, así como a busca de colaboración co público e os usuarios aparecen tamén como opcións cunha aceptación crecentes. Todos estamos a aprender a traballar en equipo e buscamos a colaboración en diferentes niveis. Penso que aprendemos moito da pesadez dos centros institucionais, que son máis ríxidos, lembra Víctor Pérez desde Baleiro.
Mudanzas estruturais
Encol da causas, Raquel, de Disquecool, considera estamos ante unha mudanza estrutural no xeito de traballar. Non é un cambio na cultura de Galicia, é un cambio moito máis grande. Internet muda moitas cousas e unha delas é a industria cultural, sinala Está a idea da economía de long tail de Chris Anderson: En Internet sempre vai haber alguén para consumir o teu produto. Ademais podes traballar en calquera lugar, a rede baixou os custes para lanzarse a facer algo. Por exemplo podes producir un medio sen gastar en papel. E ao carón da rede están aparecendo novas formas de financiación e de traballo, como o crowdfunding. Todo isto e tamén a crise está facendo que moita xente xente se atreva a facer cousas. Coincide con ela en boa medida Julio Gómez, quen salienta que falamos dunha mudanza cultural que coincide coa crise. Non sabemos qué foi primeiro pero todo fai parte dunha mesma cousa. As novas tecnoloxías, que tiveron que ver coa crise pola deslocalización do traballo, tamén deslocalizan a produción e a distribución. Ferramentas como a web 2.0 permiten a existencia de estratexias como o Crowdfunding, que non é posible sen soporte tecnolóxico. Para min todo xurde da sociedade dixital.
A pegada da crise
Álvarez, no entanto, considera que hai un importante elemento contextual no agromar destas novas iniciativas, que se ven determinadas pola situación de crise económica. Na medida en que o contexto social e económico vai mudando tamén muda o xeito de traballar a cultura, que se adapta a ese contexto. Penso que moitas propostas que xorden con estas novas perspectivas son reflexo tamén dunha necesidade, e en épocas con problemas semellantes xurdiron tamén propostas máis independentes. Nese sentido apunta que O panorama mudou dalgún xeito pero se é un proceso natural de substitución ou se está acelerado polas circunstancias é difícil de valorar. Víctor Pérez, pola súa banda rexeita vencellar estritamente esta creatividade á crise. Tentamos fuxir do discurso da crise como oportunidade. A idea que vencella a crise como un xeito para os emprendedores comezar con pouco orzamento vémolo como unha cara perversa da precariedade que xa existía nos anos de bonanza. Entón este proceso non acontece exclusivamente pola carestía económica, xa existía pero non era tan visible.
Campos fértiles
Á hora de sinalar campos nos que se pode ver este agromar de novas formas para a cultura, Álvarez apunta que nas artes escénicas, por exemplo, os axentes máis interesantes hoxe en día non son os mesmos de hai cinco ou dez anos. Hai determinados axentes que teñen máis capacidade de se adaptar, e nese sentido atópanse exemplos en calquera outro ámbito. Na música por exemplo, vense tamén os proxectos que son capaces de sobrevivir e de ter visibilidade nun contexto no que mudan as regras do xogo. Os grupos que buscan que un produtor lles pague o disco téñeno complicado. Esta visión verifícase, por exemplo, na crecente aceptación da autoedición e do crowdfunding como xeito de financiamento entre os conxuntos galegos. A experimentación artística e o pensamento amósanse como campos nos que os novos xeitos de traballo prenden con forza. Segundo lembra Víctor Pérez desde Baleiro, No campo da música experimental por exemplo, non está moi acotado quen pertence a un proxecto ou a outro. Trabállase máis como comunidade do que como colectivo. É un xeito e actuación que tamén se dá nas experiencias vencelladas á Universidade Invisíbel da Coruña. A nós interésanos moito esa idea de colectivo pouco definido e capaz de mudar co tempo. De xeito semellante experiencias como o propio Baleiro, Alg-a ou Escoitar.org levan tempo apostando por traballo en rede.
Raquel, pola súa banda, apunta que están a aparecer pequenas editoriais moi pequenas ou medios de comunicación na rede que antes non existirían. No mundo da música o DIY está a ser moi ben aproveitado, e o mesmo acontece coa moda. Antes non era posible que alguén decidise comezar a producir unha pequena colección e chegar a moita xente, agora é máis que factible. En calquera revista de moda hoxe poden atoparse un par de recomendacións de marcas pequenas que se consumen sobre todo a través da rede. Así, para alén do coñecido fenómeno , agroman no país pequenos produtores de artesanía, roupa, deseño ou complementos que se publicitan mediante a rede.
O que vén
Decara ao futuro, Julio Gómez amósase convencido de que estamos no comezo. Os soportes de telefonía móbil, as smart cities ou as gafas que están a experimentar as novas compañías van transformar de xeito absoluto a información, xurdirán novos contidos e formas de relación. Como eivas da nosa sociedade para ese futuro, sinala que falando do momento actual, penso que estamos bastante actualizados, pero o mesmo falta apoio ou a adaptación a estas posibilidades por parte do mundo máis oficial. Por exemplo as universidades non sei como están a encarar as posibilidades de que se comecen a cursar materias desde a casa. Pode ser un trebón que transforme o propio concepto físico de universidade. Desde Baleiro, Víctor Pérez apunta que queda traballo por facer no campo da cultura libre, aínda que o verdadeiro camiño está no día a día e nas dinámicas humanas e de relación. Precisamos comprender o coñecemento como algo non suxeito á lóxica de escaseza e de cuantificar todo.