Un pasado cheo de díxitos

A RAG cataloga varias publicacións históricas do XIX e XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un pasado cheo de díxitos

Son publicacións periódicas moi relevantes para comprender o nacemento do galeguismo e da cultura galega contemporánea, e consérvanse no arquivo da Real Academia Galega. Estes días, a institución fixo públicas as dixitalizacións dalgunhas destas revistas senlleiras, coma O Vello do Pico-Sagro, promovida polos irmáns De la Iglesia, Galicia Diplomática, fundada polo arquiveiro Bernardo Barreiro de Vázquez Varela ou a revista Galicia: revista quincenal ilustrada, que chegou a estar dirixida por Basilio Álvarez. Entre as cousas que se poden explorar, está unha vívida crónica orixinal do XVII do ataque pirata berberisco a Cangas.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Basilio Álvarez, Bernardo Barreiro, Real Academia Galega, Cangas

Claves

Lugares