Os responsables do barco alxibe Hidria II queren traelo de volta a Galicia desde a súa actual localización en Puerto Sherry, Cádiz. Para o conseguir, acaban de presentar un crowdfunding no que solicitan a colaboración do público para reunir os 6.000 euros que custa retornar o barco ás nosas costas. Está aberto o prazo para votar o proxecto, requisito necesario para que cheuge á fase de financiamento. A achegas previstas van desde 10 euros, que dan dereito a 10 visitas ao barco, ata o alugueiro do mesmo para exposicións durante unha semana. A falta de posibilidades para manter a nave no noso paÃs leváraos ao levar o Sur de España. Agora pretenden artellar unha asociación que contribúa ao mantemento deste elemento do noso patrimonio marÃtimo.