Finaliza a travesía do Barco da Memoria logo de recibir máis de 35.000 visitas

A lembranza chega a porto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A singradura do vapor Hidria II por dezaoito portos galegos coma o Barco da Memoria rematou onte en Vilagarcía. Desde o dezaoito de xullo, cando se iniciou esta actividade, máis de trinta e cinco mil persoas pasaron polo barco e participaron nas actividades que se organizaron en terra. A titular de Cultura, Ánxela Bugallo, anunciaba onte que a mostra que portaba o barco visitará aínda A Costa da Morte e mais A Mariña, e que está previsto que se presente un documental e un libro que recollen esta proposta.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Ano da Memoria

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Documental, Morte, Galicia Hoxe...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos