Un buque da memoria percorrerá a costa galega este verán para homenaxear as vítimas do Franquismo

As ondas da memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O buque de vapor Hidria visitará diferentes portos da costa galega entre xullo e setembro para dar a coñecer a represión franquista en Galicia. O barco levará nas súas adegas unha mostra que recolle a historia das vítimas deste réxime, e participará nunha homenaxe na Illa de San Simón en xullo e mais no roteiro que se fará na Ría de Vigo en agosto. Está previsto que diferentes colectivos locais organicen programas de actividades en cada un dos portos nos que atraque o buque. A iniciativa intégrase nas actividades do Ano da Memoria que organiza a Consellaría de Cultura.

Máis información no web da Xunta, en Vieiros e mais no web do barco

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Franquismo, Ría de Vigo, Illa de San Simón