O Hidria II volta a Galicia

O vapor atracaba onte no porto do Grove e inicia unha nova etapa no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Hidria II volta a Galicia

Despois de dous anos fóra do no país, o vapor Hidria II volta a Galicia. O porto do Grove acollía onte a chegada do barco, cuxos responsables conseguiron vía crowdfunding os apoios económicos necesarios para sufragar a travesía de regreso desde Cádiz, onde tiñan a súa base. Agora comeza unha nova etapa para esta peza do noso patrimonio marítimo, na cal os seus donos pretenden crear unha asociación de colaboradores que garantan o seu mantemento para o empregar como base para diferentes actividades.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grove, Cádiz

Claves

Lugares